27 abr 2007

III Foliada Melide

Despois dun ano traballando arreo chegou o momento de volver a Melide para disfrutar tocando, bailando, cantando,… O tempo pasa volando parece que aínda foi onte cando estábamos alí con xogos tradicionais como os zancos, billarda… mirando como mallaban, visitando os expositores e sen embargo xa fai un aniño. Un día enteiro alí metido da para moito, aburrir non te aburres, logo encontras a Raúl Galego ou outros calquera tocando por alí. A verdade e que eu mentres estaba alí so pensaba na noite porque despois da marcha gaiteira polo pobo tiñamos que tocar cada grupo unhas cantas pezas e eu levaba o saxo, para facer charanga tradicional. Subín a tocar cuns nervios impresionantes pero cando empezou sentín unha cousa no corpo (como cando Astérix toma a poción máxica) que me deu forza para seguir.
Cando foron as doce da noite chegou a verdadeira poción máxica: unha boa queimada galega que deu descanso a xente para despois seguir ata que o corpo aguantara.
Só pensar que queda uns días para que todo esto volva chegar ponme tolo e vos xa sabedes o día 29 sen falta alí no multiusos de Melide.