4 jul 2007

Prosperidade

Poñámonos en situación: un día de maio, no ecuador da campaña electoral das eleccións municipais, unha representación do BNG de Antas decídense a ir falar coa xente para recoller opinións sobre a actual situación do noso concello.
Todo empezou ben, ata que tocando ao timbre dunha casa nunha aldea situada no carazón da nosa fermosa vila, saiu un ancián de avanzada idade.
A conversa empezou e chegando a un punto, o mesmo ancián comentou que a actual situación de Antas ere boa; que aínda que tiveran que chegar a el mediante unha estrada chea de furados e atrancos (algo normal) o alcalde non podía atender a todos os veciños dado que eramos moita xente (2600 persoas tirando ao alto).
Non me quero imaxinar se fósemos tan so 10.000 personas, teriamos que andar por corredoiras e camiños de cabras.
A actual situación de Antas débese a 30 anos de deixadez e total abandono, e algúns ven unha situación de “prosperidade” e de moito e intenso traballo no concello.
A min particularmente gústame coller o coche e ir ao médico a Palas, ao instituo e o cuartel da Garda Civil a Monterroso,…
¿cal é o noso futuro? ¿Qué vai ser da xente moza no noso concello?
Pois o é o mesmo dende fai varios anos: que siga aumentando a nosa pobreza e que sexamos como inferno, ese lugar donde ninguén quere ir।


Xa levamos máis de 15 días dende que o alcalde tomou o poder e todo segue igual ou peor…

1 jul 2007

Djalminha, a lenda




Con esto comenzo unha serie de publicacións con videos dos grandes mitos do deportivismo.