19 ene 2007

Conxuro da Queimada

Conxuro da queimada (para quen non o saiba)
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas, demos, trasgos e diaños. Espiritos das nevoadas veigas. Corvos, píntigas e meigas. Feitizos das menciñeiras. Podres cañotas furadas. Fogar dos vermes e alimañas. Lume das Santas Compañas. Mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregón da morte, fuciño do sátiro e pe do coello. Pecadora lingua da mala mullercasada cun home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida. Barriga inútil da muller solteira. Falar dos gatos que andan a xaneira, gedella porca da cabra mal parida. Con este fol levantarei, as chamas deste lume que asemella a do inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, Indose bañar na praiadas areas gordas. ¡Oíde, oíde carallo! os roxidos que dan as que no poden deixar de queimarse no augardente quedando asi purificadas.E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente. Eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, participe con nós desta QUEIMADA

Dentro duns dias (cando me acorde) escribirei o Kubata Noso (versión do "padre nuestro" da misa)

17 ene 2007

Antas coa Selección Galega

Antas coa “Selecçom” Galega
O pasado día 28 disputouse na Coruña o segundo partido da nosa “selecçom” contra Ecuador. Toda a xente estivo contenta e non houbo ningunha rivalidade entre os siareiros do Celta, Depor, Compos… porque só obedecian a súa nai, a Galiza.
O partido foi moi emocionante dende o principio cando sonou o Himno Galego ata o fin canda xa rematara todo. Todo o encontro estivo animado polos berros da afección (nos case quedamos afónicos) referidos a dar ánimo a nosa “selecçom”, a independenza da Galiza e Portugal…
Como tódalas cousas: hai partes boas (o que ben de contarse anteriormente) e partes malas (varios afeccionados radicais encenderon bengalas e incluso nos últimos minutos do partido lanzaron unha o terreo de xogo) como digo eu: “Hai xente pa todo”
A peña VILAPASIÓN estivo ben representada por parte de eu:Adrián, Pablo, Alex, Alba e Félix que como bos membros non paramos de facer festa.
Ao partido dende Antas fomos un total de 40 persoas e todo foi organizado pola BNG, como xa fixera no primeiro partido contra Uruguay e levamos unha gran pancarta (como é costume) que se puido ver pola tele, e poñía: Antas de Ulla coa Selección



Mascota proposta


by:ADRIÁN