17 ene 2007

Antas coa Selección Galega

Antas coa “Selecçom” Galega
O pasado día 28 disputouse na Coruña o segundo partido da nosa “selecçom” contra Ecuador. Toda a xente estivo contenta e non houbo ningunha rivalidade entre os siareiros do Celta, Depor, Compos… porque só obedecian a súa nai, a Galiza.
O partido foi moi emocionante dende o principio cando sonou o Himno Galego ata o fin canda xa rematara todo. Todo o encontro estivo animado polos berros da afección (nos case quedamos afónicos) referidos a dar ánimo a nosa “selecçom”, a independenza da Galiza e Portugal…
Como tódalas cousas: hai partes boas (o que ben de contarse anteriormente) e partes malas (varios afeccionados radicais encenderon bengalas e incluso nos últimos minutos do partido lanzaron unha o terreo de xogo) como digo eu: “Hai xente pa todo”
A peña VILAPASIÓN estivo ben representada por parte de eu:Adrián, Pablo, Alex, Alba e Félix que como bos membros non paramos de facer festa.
Ao partido dende Antas fomos un total de 40 persoas e todo foi organizado pola BNG, como xa fixera no primeiro partido contra Uruguay e levamos unha gran pancarta (como é costume) que se puido ver pola tele, e poñía: Antas de Ulla coa Selección



Mascota proposta


by:ADRIÁN

No hay comentarios: