O día 6 de Marzo de 2.007, cúmprese un lustro dende a obtención do noso último título de Copa: o que pasou á historia co sobrenome do
"CENTENARIAZO". Naquela tarde de 2.002, o Deportivo de Jabo Irureta derrotaba no Santiago Cuernabeu ao todopoderoso Real Madrid, na súa casa, no día en que celebraba o seu Centenario.
O Depor aguou a festa ao club merengue e proclamouse con todo merecemento campión de Copa, que xusto nesa tempada cumpría os seus cen anos de vida. Casualidades da vida.

Declaracións antes do partido (dame a risa):
O presidente do Celta, Horacio Gómez, antes da final declarou o seguinte, “Primero somos célticos y esta noche apoyaremos al Real Madrid en la final que se celebrará en el Santiago Bernabeu”. Resulta chocante, cando anos máis tarde –acuciado pola sombra do descenso- reclamou a axuda do Deportivo, xa que “entre equipos galegos había que axudarse”.
Florentino Pérez recurría as matemáticas decindo: “hace poco hicimos una encuesta en toda España y el resultado es que el 49% de los aficcionados son del Real Madrid”. Matemáticamente falando, o Deportivo saliu victorioso gañando polo doble de goles.



Copa do Rei. Final. Mércores 6/3/2002.
Estadio Santiago Cuernabéu. 21:00.
REAL MADRID 1 - DEPOR 2
Este ano tamén imos a pola Copa, será nosa!!!! FORZA DEPOR!!!!