8 mar 2007

Un lustro

O día 6 de Marzo de 2.007, cúmprese un lustro dende a obtención do noso último título de Copa: o que pasou á historia co sobrenome do "CENTENARIAZO". Naquela tarde de 2.002, o Deportivo de Jabo Irureta derrotaba no Santiago Cuernabeu ao todopoderoso Real Madrid, na súa casa, no día en que celebraba o seu Centenario.
O Depor aguou a festa ao club merengue e proclamouse con todo merecemento campión de Copa, que xusto nesa tempada cumpría os seus cen anos de vida. Casualidades da vida.





Declaracións antes do partido (dame a risa):

O presidente do Celta, Horacio Gómez, antes da final declarou o seguinte, “Primero somos célticos y esta noche apoyaremos al Real Madrid en la final que se celebrará en el Santiago Bernabeu”. Resulta chocante, cando anos máis tarde –acuciado pola sombra do descenso- reclamou a axuda do Deportivo, xa que “entre equipos galegos había que axudarse”.

Florentino Pérez recurría as matemáticas decindo: “hace poco hicimos una encuesta en toda España y el resultado es que el 49% de los aficcionados son del Real Madrid”. Matemáticamente falando, o Deportivo saliu victorioso gañando polo doble de goles.







Copa do Rei. Final. Mércores 6/3/2002.

Estadio Santiago Cuernabéu. 21:00.

REAL MADRID 1 - DEPOR 2

Este ano tamén imos a pola Copa, será nosa!!!! FORZA DEPOR!!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

jejeje,co Depor gane a copa con ese equipo tería moito mérito!!!
pero non fagades ilusiós k a copa vai pa Barcelona!! con respeto os 5 anos da outra copa Felecidades!!!

bisca Barça!!! G.R.S