16 mar 2007

Banda deseñada

Espero que vos guste!!
Irán saíndo máis ao longo do tempo!!!
NN'S JB

8 mar 2007

Comunicado:

The one that me facía lacks, that me critiquen for galeguista!!!! I will be clear: the one that non lle guste that lle throws azúcar and remoba! Me son that son and ninguén will exchange myself!
Tamén am going decir that non all of Vilapasión son así, for eso as this páxina and of all non I will turn to remember the miñas ideas galeguistas. Así all will be content, xa that the only that I want and happiness and that the xente feels ben visitándonos.
I’LL NEVER WALK ALONE BECAUSE THERE ARE MORE PEOPLE THAT...

Un saúdo: AdRiÁn

Un lustro

O día 6 de Marzo de 2.007, cúmprese un lustro dende a obtención do noso último título de Copa: o que pasou á historia co sobrenome do "CENTENARIAZO". Naquela tarde de 2.002, o Deportivo de Jabo Irureta derrotaba no Santiago Cuernabeu ao todopoderoso Real Madrid, na súa casa, no día en que celebraba o seu Centenario.
O Depor aguou a festa ao club merengue e proclamouse con todo merecemento campión de Copa, que xusto nesa tempada cumpría os seus cen anos de vida. Casualidades da vida.





Declaracións antes do partido (dame a risa):

O presidente do Celta, Horacio Gómez, antes da final declarou o seguinte, “Primero somos célticos y esta noche apoyaremos al Real Madrid en la final que se celebrará en el Santiago Bernabeu”. Resulta chocante, cando anos máis tarde –acuciado pola sombra do descenso- reclamou a axuda do Deportivo, xa que “entre equipos galegos había que axudarse”.

Florentino Pérez recurría as matemáticas decindo: “hace poco hicimos una encuesta en toda España y el resultado es que el 49% de los aficcionados son del Real Madrid”. Matemáticamente falando, o Deportivo saliu victorioso gañando polo doble de goles.







Copa do Rei. Final. Mércores 6/3/2002.

Estadio Santiago Cuernabéu. 21:00.

REAL MADRID 1 - DEPOR 2

Este ano tamén imos a pola Copa, será nosa!!!! FORZA DEPOR!!!!

22 feb 2007

Novas Camisolas

NOVAS CAMISOLAS
A chegada das novas camisolas oficiais da peña vilapasion está cerca amigos, despois de 1 ANO desde que sairon as primeiras, puxemonos máis o menos de acordo e solo falta ir donde o mozo encargarllas.
Eu ainda non sei como son, bueno nadie ainda sabe pero eso dicurrese nun momento porque o mais importante non é o contido, senón os portadores da camisolas. Deste vez cero que van ser bastante rechamantes.

Se alguen quere camisola que se poña en contacto en: que no lo diga a nós o máis rápido posible. Resérvase o dereito de admisión (jeje)

Falade Galego

FALADE GALEGO

Miniñas da Cruña
d’amabre despejo
de falas graciosas
e pasos ligeiros
deixá de Castilla
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade galego.

Cand’é que vos ouzo
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade galego.

Mas cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
angélico alento,
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade galego.

Eduardo Pondal

Digo eu: Pareceche normal nacer na Galiza e falar castelán?
Gustariame que a xente reflexionara nesto…


Xa Pasou

XA PASOU

O fin de semana pasado (o día 4) celebrouse o desfile de moda para excursión a Paris organizado polos rapaces de 1º de BAC e todo saiu máis ou menos como esperabamos.
Os días antes todo era un caos debido a organización porque por un lado haubo que ir as tendas pedir colaboración, despois falar cos rapaces e porse dacordo quen ía levar cada cousa e… O caso foi que o tempo foi pasando e eu decidín que ia ser o pinche da música pensando que ia ser o meior chollo sen decatarme de todo o que me ia vir encima. Empezamos o venres très bien, con calma mirando mais ou menos as cousas e todo estaba controlado. O sábado estivemos todo o día so parando unha hora para comer e marchando as 11 e media da noite (pola miña parte ben gracias a que o Pakinho trouxo o portátil para controlar a música).
Paso a paso chegou o domingo, O GRAN DÍA, todo estaba ben pero vou decir a verdade: eu máis os presentadores non sabiamos ben o que tiñamos que facer. Votamoslle peito e saiu ben (dentro do que cabe), e eu menos mal que me veu votar unha man Adrianzinho Mosteiro (un saludo e un aplauso para el) que senón ibamos amañados porque ter tantas cousas na cabeza e algo fodido.
Outra hestoria para contar e a das tiendas, deberon quedar de nós ata a punta da nariz porque prestáronnos todo e por culpa de micro non poideron ser ben nombradas (xa me dirás para que lles vale así o desfile). Eu temo ao ano que ven debido a que a ver se alguen deixa a roupa… (Non me importa moito)
Xa pasou e todos o pasamos ben, ainda que acabamos mallados e ao seguinte día todo durmindo nas clases (esto non se pode decir).
Podía contar mil e unha historias peo non me da a cabeza para redactar (xa se ve).

Pero non acabo sen mandarlle unha aperta a Marisa por axudarnos en todo e a xente polas aportacións para a excursión.

19 ene 2007

Conxuro da Queimada

Conxuro da queimada (para quen non o saiba)
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas, demos, trasgos e diaños. Espiritos das nevoadas veigas. Corvos, píntigas e meigas. Feitizos das menciñeiras. Podres cañotas furadas. Fogar dos vermes e alimañas. Lume das Santas Compañas. Mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregón da morte, fuciño do sátiro e pe do coello. Pecadora lingua da mala mullercasada cun home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida. Barriga inútil da muller solteira. Falar dos gatos que andan a xaneira, gedella porca da cabra mal parida. Con este fol levantarei, as chamas deste lume que asemella a do inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, Indose bañar na praiadas areas gordas. ¡Oíde, oíde carallo! os roxidos que dan as que no poden deixar de queimarse no augardente quedando asi purificadas.E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente. Eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, participe con nós desta QUEIMADA

Dentro duns dias (cando me acorde) escribirei o Kubata Noso (versión do "padre nuestro" da misa)

17 ene 2007

Antas coa Selección Galega

Antas coa “Selecçom” Galega
O pasado día 28 disputouse na Coruña o segundo partido da nosa “selecçom” contra Ecuador. Toda a xente estivo contenta e non houbo ningunha rivalidade entre os siareiros do Celta, Depor, Compos… porque só obedecian a súa nai, a Galiza.
O partido foi moi emocionante dende o principio cando sonou o Himno Galego ata o fin canda xa rematara todo. Todo o encontro estivo animado polos berros da afección (nos case quedamos afónicos) referidos a dar ánimo a nosa “selecçom”, a independenza da Galiza e Portugal…
Como tódalas cousas: hai partes boas (o que ben de contarse anteriormente) e partes malas (varios afeccionados radicais encenderon bengalas e incluso nos últimos minutos do partido lanzaron unha o terreo de xogo) como digo eu: “Hai xente pa todo”
A peña VILAPASIÓN estivo ben representada por parte de eu:Adrián, Pablo, Alex, Alba e Félix que como bos membros non paramos de facer festa.
Ao partido dende Antas fomos un total de 40 persoas e todo foi organizado pola BNG, como xa fixera no primeiro partido contra Uruguay e levamos unha gran pancarta (como é costume) que se puido ver pola tele, e poñía: Antas de Ulla coa Selección



Mascota proposta


by:ADRIÁN